mércores, 28 de xaneiro de 2015

Francisco Escudero: Dúas exposicións en Santiago


O escultor abegondés Francisco Escudero acaba de iniciar sendas exposicións na capital galega. Na Sala de Exposicións do Centro Empresarial do Tambre pódese visitar a exposición conxunta de fotografía de María Porta e esculturas en escaiola de Francisco Escudero Esta exposición clausurarase o 28 de febreiro de 2015. No espazo expositivo do hotel Virxe da Cerca , ubicado en Santiago de Compostela, amósanse as obras de Francisco Escudero e José Manuel Peña Romay. A zona de exhibición artística do hotel aposta polo diálogo entre la pintura e a escultura. Escudero formouse como tallista na Escola de Artes e Oficios da Coruña e despois como canteiro en Italia. Completou os seus estudos na escuela Pablo Picasso. A súa obra recibiu numerosos premios en Galicia e en España, e ten formado parte de mostras itinerantes, lembremos na nosa comarca a que percorreu os nove concellos pertencentes ao Consorcio das Mariñas. José Manuel Peña Romay, de Lugo, formouse como pintor en Lugo. A súa obra comeza a darse a coñecer en 2006 y dende entón, percorreu salas de exposición en Galicia. A súa linguaxe remite ao hiperrealismo, que acada notas poéticas grazas á súa maestría á hora de plasmar os pequenos detalles, como a agua que cae en forma de polvo ou a iluminación desigual tan típica do noroeste. A exposición arrancou o venres 6 de febrero e clausurarase o 5 de abril. Tanto o alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, como distintos persoeiros do eido da cultura abegondesa acompañaron ao artista na inauguración de sendas exposicións. Noraboa Escudero

Ningún comentario:

Publicar un comentario