Neste blog atoparedes toda a información relativa ás Concellerías de Cultura, Educación e Xuventude
luns, 30 de marzo de 2015
AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS
Apertura da exposición As Mariñas de Nunca Xamais, do deseñador gráfico Luís Galán , de Betanzos
Dende o venres 27 de marzo estará aberta a exposición da obra de Luis Galán que rinde homenaxe aos nove concellos integrantes do Consorcio das Mariñas, entidade que organiza esta exposición, no ámbito cultural.
Esta será a que remate o ciclo de exposicións polos nove concellos, que xa se iniciou no ano 2014. Mediantes ilustracións vectoriais nas que recompila As Mariñas de nunca xamais as diferentes estampas dos municipios das Mariñas Coruñesas. A exposición titúlase As Mariñas de nunca xamais.
A mostra pretende ser un xogo do autor co espectador a través das súas ilustracións vectoriais. As súas manchas de cores irreais e trazos desenfadados loitan por espertar a curiosidade por currunchos tan máxicos como próximos, e quizais descoñecidos, que esconde cada un dos municipios que forman o Consorcio das Mariñas.
As ilustracións vectoriais que presenta Galán nacen a partir de bosquexos realizados a man alzada e editadas na técnica denominada glicée. O artista utiliza esta técnica para debuxar a man alzada co rato do ordenador por moi estraño que soe isto; aínda que recoñece que, a pesar de pasar moitas horas ante un Mac, non é capaz de realizar a máis sinxela das ilustracións sen un bosquexo previo a lapis, bolígrafo ou rotulador.
A exposición permañecerá ata o 15 de abril no horario de apertura do concello polas mañás e no de biblioteca polas tardes.
Dende o concello agradéceselle ao Consorcio esta iniciativa que está causando unha forte sensación entre os veciños que se achegan a vela.
OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN DE PINTURA VECTORIAL
O pasado venres 27 de marzo, coincidindo coa apertura da exposición o autor, Luís Galán explicoulles ás nenas e nenos do CEIP San Marcos como executa o seu traballo, dende o bosquexo inicial ata o cadro final. Os rapaces disfrutaron dun día diferente con coñecementos diferentes e orixinais e, ao mesmo tempo, moi relacionados coas novas tecnoloxías.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario