venres, 13 de marzo de 2015

NOVIDADES DA BIBLIOTECA



Pasa pola nosa Biblioteca e poderás retirar en préstamo algunhas das últimas novidades de libros e películas publicadas. Se estás interesado nalgún determinado e nese momento está en préstamo, podes facer unha reserva, e chamarémoste tan pronto o devolvan.

Ofrenda a la tormenta
de Dolores Redondo
O esperadísimo final da Triloxía do Baztán, un éxito que xa seduciu a moitos lectores. Nunca o terías imaxinado. Unha muller denuncia que a morte súbita da súa neta, oficialmente unha morte de berce, parécelle sospeitosa tralo comportamento estraño do pai da nena, que foi detido cando intentaba roubar o cadáver pronunciando palabras inconexas acerca de entregar a súa propia filla.

Las olas del destino
de Sarah Lark
Illa de Jamaica, 1753. Deirdre, a filla da inglesa Nora Fortnam e do escravo Akwasi, leva unha vida protexida na plantación da súa nai e do seu pai adoptivo. Pese ás orixes pouco claras da nova, os raparigos da illa morren por ela. Deirdre, con todo, non sente o menor interese por ningún ata que o mozo médico Victor Dufresne pide a súa man.

Milenia o el femur más bello del mundo
de Jorge Zepeda Patterson
Unha vigorosa novela de acción e amor que denuncia os abusos de poder e a corrupción, pero que, sobre todo, nos amosa a alma aberta dunha muller aldraxada, como tantas outras, nun mundo cada vez máis globalizado.

A la sombra del árbol Kauri
de Sarah Lark
Nova Zelandia, 1875. Lizzie e Michael Drury cumpriron o soño de ter unha granxa de ovellas, e ante eles parece abrirse un futuro prometedor. Pero a súa vida descontrólase de súpeto cando a súa filla maior, Matariki, é secuestrada por un líder maorí.

Mi color favorito es verte
de Pilar Eire
Mi color favorito es verte é unha aventura real. Acheguémonos de puntas e miremos polo ollo da cerradura: aí dentro hai unha muller espida. Pilar Eyre, unha xornalista madura e aínda presa dunha gran paixón pola vida.

El impostor
de Javier Cercas
Velaquí unha fascinante novela sen ficción saturada de ficción; a ficción non a pon o autor: pona Enric Marco. Quen é Enric Marco? Un nonaxenario barcelonés que se fixo pasar por supervivente dos campos nazis e que foi desenmascarado en maio de 2005, logo de presidir durante tres anos a asociación española dos superviventes.

Los dulces de las monjas
Receitario de Sor María Isabel
Os doces das monxas recolle, coa sabedoría e bo facer da vida conventual, os sabores auténticos e tradicionais da repostería. Un práctico libro que, ademais dunha gran variedade de sobremesas, descóbrenos trucos para ser máis hábiles na cociña, seleccionar a calidade dos mellores ingredientes, elaborar exquisitos complementos, como sorbetes e licores, e confeccionar deliciosas
receitas dietéticas.

Películas



Ningún comentario:

Publicar un comentario