Neste blog atoparedes toda a información relativa ás Concellerías de Cultura, Educación e Xuventude
xoves, 23 de abril de 2015
ABEGONDO PARTICIPA NO PROGRAMA EUROPEO : CEP ( Customized Employment Projects for Cities)CONFERENCES
Customized Employment Project
Na pasada semana, concretamente entre os días 15 e 17 de abril, ámbolos dous incluídos, Francisca Bestilleiro Roel, Concelleira de Promoción Económica, xunto con persoal técnico deste concello acudiron á cidade francesa Saint Omer, como a delegación española, para concluír o ciclo de encontros europeos do programa denominado Europe for citizenship Customized Employment.
Durante tres días expúxose nesas conferencias a situación actual de emprego no Concello de Abegondo, así como a recollida de distintas propostas doutros países participantes: Oriocastro ( Grecia), Deal ( Reino Unido), Hasselt ( Bélxica), Detmold e Sizt ( Alemaña) e Kaunas ( Lituania).
Dende Abegondo amosánronse as seguintes propostas:
- Intención de creación dun parque agrario.
- Implantación do eco turismo.
- Visión da cultura como un motor de economía e emprego.
Este encontro serviu tanto para expoñer a nosa situación en canto a emprego e xuventude, así como para coñecer a situación e actuacións que se levan a cabo noutros países da Unión Europea.
O Concello pretende aproveitar para a poboación abegondesa, coas relacións establecidas por exemplo coa cidade alemana de Detmold, un vínculo de viabilidade de emprego xuvenil para profesións eminentemente de orde técnica, así como outras actuacións derivadas da boa relación establecida.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario