No IES de Viós, mañá mércores ás 19:30 horas
Este profesional iniciou a súa actuación no Concello de Abegondo neste curso 2014/2015 traballando en case todos os cursos da ESO. Tanto o Concello de Abegondo ( que financiou a actividade) como o IES de Viós e tamén, segundo manifestaron xa moitos pais e nais, opínase en xeral que se está marcando un antes e un despois no IES de Viós, así como no empoderamento persoal dos seus alumnos con este "aprendedor de palabras", como el se autodefine.
Non deixedes de acudir a esta charla polo alto interese da mesma.
Fotos da presentación do último libro publicado por Marcelo Castelo, " El cliente ha muerto. Viva el cliente", no FNAC na Coruña. Á dita presentación acudiu o alcalde de Abegondo, José A. Santiso Miramontes, así como persoal técnico das áreas de Educación e Cultura, a dirección do propio centro e outros interesados.
Tamén fotos do día en que o coñeceron no IES de Viós, xunto co director do centro. Luis Freire.
Ningún comentario:
Publicar un comentario