venres, 21 de agosto de 2015

Últimas novidades na biblioteca!!!

LA LLAVE DE SALOMON
JOSE LUIS RODRIGUES DOS SANTOS
O corpo de Frank Bellamy, director de Tecnoloxía da CIA, é descuberto no CERN, en Xenebra, no momento en que os científicos están traballando na procura do bosón de Higgs, tamén coñecido por Partícula de Deus. Entre os dedos da vítima atópase unha mensaxe incriminador.





LA CHICA DEL TREN
PAULA HAWKINS
Estabas no tren das 8.04? Viches algo sospeitoso?Rachel, sí Rachel toma sempre o tren das 8.04 h. Cada mañá o mesmo: o mesmo paisaxe, as mesmas casas? e a mesma parada no sinal vermello. Son só uns segundos, pero permítenlle observar a unha parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Sente que os coñece e invéntase uns nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida é perfecta, non como a súa. Pero un día ve algo. Sucede moi rápido, pero é suficiente. E si Jess e Jason non son tan felices como ela cre? E si nada é o que parece?

CASI SIN QUERER
DEFREDS
O amor algunhas veces é tan complicado como impredicible. Pero ao final o que máis valoramos son os detalles máis simples, os máis bonitos, os que chegan sen avisar. E á hora de escribir sobre sentimentos, non hai nada máis limpo que facelo desde o corazón. E iso fai Defreds neste libro.





LA LUZ QUE NO PUEDES VER
ANTHONY DOERR
Marie-Laure vive co seu pai en Paris, cerca do Museo de Historia Natural, onde el traballa como responsable dos seus mil cerraduras. Cando, sendo moi nena, Marie-Laure quédase cega, o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do seu barrio para que poida memorizala grazas ao tacto e atopar o camiño a casa. Aos seus doce anos, os nazis ocupan Paris e pai e filla teñen que fuxir á cidade amurallada de Saint-Malo. Con eles lévanse a que podería ser a máis preciable e perigosa xoia do museo.


EL MUNDO AZUL : AMA TU CAOS
ALBERT ESPINOSA
O caos é o que che fai diferente. O que a xente non entende de ti ou o que desexa que cambies. Pero o caos é parte dun, por iso, cando alguén non che entenda dille:
«Ama o meu caos»








EL MUNDO AMARILLO
ALBERT ESPINOSA
O mundo amarelo é un mundo fantástico que quero compartir contigo. É o mundo dos descubrimentos que fixen durante os dez anos que estiven enfermo de cancro. É curioso, pero a forza, a vitalidade e os achados que fas cando estás enfermo serven tamén cando estás ben, no día a día.








LA DIETA DE LOS BATIDOS VERDES CRUDOS
CARLOS DE VILANOVA
Os batidos verdes crus son un auténtico milagre á nosa disposición e non poderás evitar compartir o teu entusiasmo por eles con amigos e familiares cando comprobes en ti mesmo os marabillosos efectos na tua saúde e na túa enerxía corporal e ata mental.







ALGUIEN COMO TU (PREMIO RAMON LLULL 2015)
XAVIER BOSCH
Alguén como ti é a crónica da procura e a reconstrución dunha historia de amor, a de Paulina e Jean-Pierre, a través dos recordos, os documentos e o testemuño das persoas que coñeceron a paixón clandestina da parella








HOLA, ¿TE ACUERDAS DE MI?
MEGAN MAXWELL
Alana é unha xornalista independente que se refuxia na súa profesión porque é moi escéptica en cuestións de amor. Un día, a revista para a que traballa encárgalle unha reportaxe en Nova York, e alí, os caprichos do destino farán que coñeza a Joel Parker, un atractivo norteamericano. Sen embargo, cando Alana descobre que é capitán da primeira división de Marines do exército de Estados Unidos, foxe del sen mediar palabra.




GREY
E.L. JAMES
Descobre o mundo de Cincuenta sombras de Grey a través dos ollos de Christian Grey.
E.L. James ofrécenos unha nova perspectiva da historia de amor que xa seduciu a millóns de lectores en todo o mundo, contada agora en primeira persoa por Christian Grey.








VE Y PON UN CENTINELA
HARPER LEE
Unha novela inesquecible de sabedoría, humanidade, paixón, humor e espontánea precisión, unha obra de arte hondamente emotiva que evoca dunha forma marabillosa outra época, que nace sendo un clásico e, como tal, ten plena vixencia.








MASTERCHEF: GRANDES PLATOS PARA 
TODOS LOS DÍAS
JORDI CRUZ
Jordi Cruz achéganos as receitas máis sorprendentes para realizar en calquera fogar. Fáciles, equilibradas e saúdables, desde un gazpacho de melocotón e fresas ata uns canelones de arroz e gambas.








MASTERCHEF JUNIOR: RECETAS PARA COCINAR CON NIÑOS
¡Por fin chegan as receitas do programa de TVE MasterChef Junior, coas que gozarás na cociña e triunfarás coa túa familia e amigos!










DIARIO DE GREG, 9: CARRETERA Y MANTA
JEFF KINNEY
Quen non foi de vacacións en coche coa súa familia? Goza desta ruta estival con GREG e a súa familia ¡gargalladas aseguradas!










GERONIMO STILTON: EL GRAN LIBRO DEL REINO DE LA FANTASIA
GERONIMO STILTON
Geronimo volve ao Reino da Fantasía, esta vez en ás do Fénix, pero, en lugar de atopar á Floridiana de sempre, amigable e aliada, atopa a unha raíña antipática e inimiga que lle ordena levarlle sete obxectos máxicos







LOS FUTBOLISIMOS 1: EL MISTERIO DE LOS ARBITROS DORMIDOS
ROBERTO SANTIAGO
O equipo de fútbol 7 Soto Alto non é só o equipo de fútbol do colexio. É moito máis. Nós fixemos un pacto: nada nin ninguén nos separará nunca. Sempre xogaremos xuntos. Pase o que pase. Así que cando pasou o que pasou non tivemos máis remedio que actuar.







LOS FUTBOLISIMOS 2: MISTERIO DE LOS SIETE GOLES EN PROPIA PUERTA
ROBERTO SANTIAGO
Os Futbolísimos enfróntanse ao misterio máis grande que coñeceron ata a data: É posible gañar un partido de fútbol sen meter nin un só gol? E dous? E un torneo? En ocasións, meterse un gol en propia porta esconde moito máis do que parece a primeira vista. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario