venres, 16 de outubro de 2015

FAIRWAY: I FORUM DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Abegondo participa no Fairway.
O noso alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, así como o historiador e creador do Mesón Museo Xente no Camiño., Alfredo Erias,  fixeron sendas exposicións no denominado Pitchshow.
O Pitchshow é un espazo onde en preto de 10 minutos os intervintes poden realizar exposicións a fin de que tanto inversores como asistentes coñezan o tema exposto.
Comezou a intervención o alcalde, xunto coa proxección de dous vídeos, un deles reproducido en inglés para que os asistentes extranxeiros o puidesen entender en directo.
Pretendeuse con esta participación amosar os recursos que Abegondo posúe para o peregrino, máis de 25 quilómetros de Camiño que discorren polo noso municipio, que á súa vez, está incluído na recentemente nomeada Reserva da Biosfera. Por outra parte, tamén mencionou ás empresas de Abegondo que teñen oferta ao peregrino ( restaurantes, ofertas de ocio, rutas a cabalo, etc...).
Trala exposición  pasoulle a palabra a Alfredo Erias, que xunto co alcalde, presentou  o proxecto que se acaba de iniciar do  Mesón Museo Xente no Camiño, único referente europeo da sociedade da Idade Media, que tamén englobaría entre outras actuacións, a creación dun bosque sagrado.
Por outra banda, o noso concello tamén está exposto no stand do Camiño Inglés.

Espérase dende o Concello de Abegondo que chegue moi lonxe a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso  por Abegondo, así como a dos negocios do municipio que prestan servizos relacionados con el.





































O alcalde de Abegondo, realizando o Pitchshow






Alfredo Erias, expoñendo o proxecto do Mesón Museo xunto co alcalde











Stand do Camiño Inglés onde se aprecia unha foto panorámica de Abegondo



Ningún comentario:

Publicar un comentario