O Concello de Abegondo celebrou o acto de entrega dos premios do certame das Letras Galegas deste ano. A Aula Cemit encheuse cos premiados e os seus familiares para recibir os galardóns que recoñecen o seu traballo nas diferentes modalidades artísticas.
O certame conta con diferentes categorías, para todos os rangos de idades. O alcalde, José Antonio Santiso, o concelleiro de Educación e Cultura, Luis Freire, e o director do CEIP San Marcos, Miguel Blanco, foron os encargados de entregar os premios.
PREMIADOS
CATEGORÍA INFANTIL (os premios consistiron en lotes de libros en galego)
1º PREMIO DE DEBUXO E PINTURA: Daniela Andrade Fandiño
2º PREMIO DE DEBUXO E PINTURA: Olivia Reparaz García
CATEGORÍA PRIMARIA (os premios consistiron en lotes de libros en galego)
1º PREMIO DE NARRATIVA: Aroa Blanco Suárez pola "A Lenda da Meiga"
2º PREMIO DE NARRATIVA: Tania Caridad Dans por " Xurxo e Lelo van a cidade"
1º PREMIO DE DEBUXO E PINTURA: Raquel e Irene González Calvo
2º PREMIO DE DEBUXO E PINTURA: Daniela Gómez Delgado
1º PREMIO DE POESÍA: Yolanda López Vilas por "A Miña Avoa Pilar"
2º PREMIO DE POESÍA: Paula Sánchez García
CATEGORÍA SECUNDARIA (o premio consistiu nun libro electrónico)
1º PREMIO DE NARRATIVA: Ana López Martínez pola "A casa da Foxa"
CATEGORÍA ADULTOS (os premios consistiron nun premio económico de 150 €)
Premio Narrativa: Miguel A. Alonso Fernández por "Babeco e Ladrón"
Premio Debuxo e Pintura: Fredy Solano Cañás
Premio Poesía: Rocío Leira Castro por "O Sentir Exacto"
MELLORES LECTORES DAS BIBLIOTECAS (os premios consistiron en lotes de libros en galego)
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do CEIP San Marcos: Mara Díaz Pulido
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do IES Viós: Marcial Bello López
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca Pública Municipal de Abegondo: Irene Manteiga Suárez
Premio á mellor "pequelectora" do ano da Biblioteca Municipal de Abegondo: Estela Barros Pardo
AUDIOVISUAL
Premio especial audiovisual de promoción do galego: Noa Vázquez e Yolanda López (premio tablet)
Accésits pola participación en audiovisual de promoción do galego: Carla,Daniela e Olivia (grupo) e Jorge Ferreiro
NORABOA A TOD@S!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario