luns, 29 de agosto de 2016

Concerto Musical de Lydia Botana este mércores 31 de agosto ás 12:00 horas no Campo da Feira!!

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.
A través da música contarán a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcaránnos nunha viaxe musical arredor do mundopasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Cantarán co público o retrouso que o levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska
Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo!!!

Aquí podedes escoitar un fragmento do concerto:

Ningún comentario:

Publicar un comentario