Hoxe arranca en Abegondo o XII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2016, organizado polo Consorcio das Mariñas conxuntamente co noso concello.
A compañía de Víctor Blau de México levarán á escea a obra " Telón de Cielo", que coa técnica de luvas deleitará aos estudantes do IES de Viós.
Telón de Cielo é un espectáculo de títeres de guante, baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e titiritero Guaira Castilla, o tamén titiritero Víctor Biau pon en escea esta poética obra, que recupera a maxia do bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos, de dormidos, de soñadores...
Ningún comentario:
Publicar un comentario