O pasado martes 27, tivo lugar na biblioteca municipal o Obradoiro de Xogos e Xoguetes en galego, unha actividade incluída no programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Neste obradoiro, os rapaces e rapazas asistentes tiveron a oportunidade de probar distintos xogos que pretendían fomentar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar, ampliar as posibilidades de ocio en lingua galega e favorecer a aprendizaxe e o uso oral do galego nun contexto lúdico.
Un deses xogos quedou na biblioteca, así que animádevos a vir xogar con el nestas datas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario