venres, 2 de decembro de 2016

Música e Teatro para a fin de semana



Comeza o Nadal e con el as actuacións diversas. Esta fin de semana, a diversión está asegurada no municipio.
Esta fin de semana haberá dous eventos moi interesantes para o entretemento familiar.
O sábado día 3, ás 20:30 horas a cita será na Flor de Montouto, coa actuación do grupo de percusión Odaiko nada máis e nada menos que coa Banda de Abegondo, un evento que non se poden perder todos os amantes da música e do bo espectáculo. Este evento está organizado pola Banda de Abegondo, que xestiona a Agrupación Musical de Abegondo. A entrada é de balde.

Para o domingo día 4, a cita será no Centro Cultural O Salón, Anxélica ás portas do Ceo. Esta é a primeira obra representada pola Escola Municipal de Teatro do Concello de Abegondo. Tralo éxito da estrea da mesma e, ante a petición popular, vaise facer unha segunda representación. Así que, aqueles que non a viron a primeira vez, aconsellámoslles que non deixen escapar a oportunidade de ver aos nosos adultos en acción teatral! Neste caso a actuación tamén será de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario