Onte tivo lugar o acto de entrega dos premios do Certame das Letras Galegas 2017 do Concello de Abegondo. É un orgullo ver como ano tras ano os premiados xunto cos seus familiares acoden nese día para recibir os galardóns que recoñecen o seu traballo nas diferentes modalidades artísticas e literarias.
Houbo premiados nas diferentes categorías, en todos os rangos de idades. O alcalde, José Antonio Santiso, o concelleiro de Educación e Cultura, Luis Freire, e o director do CEIP San Marcos, Miguel Blanco, foron os encargados de entregar os premios. Acompañaron tamén os membros do xurado, Pablo Barreiro, Luís Martínez, Beatriz Fernández, María del Mar Carro, tamén estaba no xurado Víctor López Rúa, ausente na foto.
Noraboa a todos os gañadores e tamén a todos os que concursaron ou participaron neste certame.
Os premiados son os seguintes:
CATEGORÍA
INFANTIL
-DEBUXO
E PINTURA INFANTIL
1º
premio: IRENE MANTEIGA SUÁREZ
CATEGORÍA
PRIMARIA
-NARRATIVA
PRIMARIA
1º premio: TANIA CARIDAD DANS
polo relato A HISTORIA DO PENDENTE DE ZOE
2º premio: LUCA VERDEMÁS RODRÍGUEZ
polo conto O PEQUENO PRÍNCIPE
Accésit:
NICOLÁS RÍOS MOAR
polo
conto O CAN E O GATO
-DEBUXO
E PINTURA PRIMARIA
1º premio: LUCÍA GIMÉNEZ MENGUAL
2º
premio: AINARA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Accésit: OLIVIA REPARAZ GARCÍA
-POESÍA
PRIMARIA
1º
premio: MARCOS SEOANE NOVOA
polo
poema QUEN SON?
2º premio: ELENA CARRO MENGUAL
pola poesía O PAXARIÑO E O UNICORNIO
CATEGORÍA
SECUNDARIA
-NARRATIVA
AROA
BLANCO SUÁREZ
polo
conto SOÑOS
DEBUXO
E PINTURA
AROA
BLANCO SUÁREZ
CATEGORÍA
ADULTOS
-
PREMIO DE NARRATIVA
EVA
CASTRO OUTEIRIÑO
polo
relato A MAXIA DA MADUREZ
-
PREMIO DE POESÍA
ALBA
SÁNCHEZ ARES
polo
poema NA MIÑA LINGUA
PREMIOS
MELLORES LECTORES
-PREMIO
AO MELLOR LECTOR DO ANO DA BIBLIOTECA DO CEIP SAN MARCOS
IRENE
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
-PREMIO
AO MELLOR LECTOR DO ANO DA BIBLIOTECA DO IES VIÓS
NURIA
LÓPEZ PÉREZ
-PREMIO
AO MELLOR LECTOR DO ANO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ABEGONDO
EVA
TEMPRANO TÉLLEZ
-PREMIO
ESPECIAL AUDIOVISUAL DE PROMOCIÓN DO GALEGO
MARÍA
DE LOS ÁNGELES GARCÍA VEIRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario