venres, 2 de marzo de 2018

A hostalería de Abegondo vendeu preto de 500 pinchos choqueiros na segunda edición da Ruta do Pincho Choqueiro


O Concello entregou os premios aos gañadores do sorteo efectuado


José Antonio Santiso Ferreiro, agraciado no sorteo da Estancia de Fin de Semana

O Concello de Abegondo concluíu a súa segunda edición da Ruta do Pincho Choqueiro co sorteo e entrega dos regalos entre os participantes. A iniciativa acadou a venta de preto de 500 pinchos entre os seis establecimientos hostaleros que se sumaron: Casa Bardancas (Orto), F40 Gin Café (Mabegondo), Cafetería Gala (Abegondo), Momentos (Abegondo), Mesón San Marcos (Abegondo), e Mesón Xente no Camiño (Presedo)

Sorteouse unha viaxe de fin de semana entre os participantes e outra entre los hostaleros. E tamén se sortearon lotes de productos de Entroido, expostos previamente en cada establecemento. O alcalde, José Antonio Santiso, encargouse persoalmente da entrega dos premios, establecemento por establecemento.

O gañador do premio principal, unha estancia de fin de semana para dúas persoas, foi José Antonio Santiso Ferreiro, natural de Cambre, que tamén se levou un lote de productos de Entroido. Os lotes restantes foron para Antonio Fiaño Blanco, de Vizoño, Mercedes Piñol Casás, de Crendes, María Dans Edreira, de Crendes, Elena Carro Mengüal, de Mabegondo e Luis Mantiñán Pan, de Abegondo.

A iniciativa buscou a promoción dos bares e restaurantes da zona aproveitando as datas de Entroido, incluíndo o Entroido Pequeno. Elaboráronse pinchos con produtos da época.


O F40 levou o premio entre los hostaleiros.
Antonio Fiaño Blanco, no Mesón Museo Xente no Camiño
Elena Carro Mengual, no Momentos

José Antonio Reborido Piñol, no FGin40, recolle o premio da súa nai, Mercedes Piñol Casás

José Antonio Santiso Ferreiro, na Casa Bardancas.

Luis Mantiñán coa súa familia, no Mesón San Marcos

María Dans Edreira na Cafetería Gala

Noelia Carro Vieites, Premio ao establecemento no F40 Gin Café
José Antonio Santiso Ferreiro, agraciado no sorteo da Estancia de Fin de Semana


Ningún comentario:

Publicar un comentario