xoves, 21 de xuño de 2018

Graduación 2018 dos moz@s de Abegondo


Por segundo ano consecutivo, o Concello de Abegondo convidou aos graduados do instituto de Secundaria de Viós.
Onte foi un día moi emotivo para todas as mozas e mozos que nese curso abandonan o ciclo educativo neste municipio, pois moitos deles levan xuntos dende a Escola Infantil (que son moitos anos). Con este encontro posterior á Graduación,  puideron reforzar o seu  vínculo e atesousar un recordo para as súas vidas que, de seguro, seguirán canles diferentes. 
Acompañounos un momento o alcalde, José A. Santisoe e tamén membros do equipo docente e da Anpa. Desexámoslle o mellor no seu futuro e que aínda estuden moito máis.
Feliz verán a tod@s






















Ningún comentario:

Publicar un comentario