Pasa
pola nosa Biblioteca e poderás retirar en préstamo algunhas das
últimas novidades de libros e películas publicadas. Se estás
interesado nalgún determinado e nese momento está en préstamo,
podes facer unha reserva, e chamarémoste tan pronto o devolvan.
Ofrenda a la
tormenta
de Dolores Redondo
O
esperadísimo
final da Triloxía
do Baztán,
un éxito
que xa seduciu
a
moitos lectores. Nunca o terías
imaxinado.
Unha muller denuncia que a morte súbita
da súa neta, oficialmente unha morte de berce, parécelle sospeitosa
tralo comportamento estraño do pai da nena, que foi detido cando
intentaba roubar o cadáver
pronunciando palabras inconexas acerca de entregar a
súa propia filla.
Las olas del
destino
de Sarah Lark
Illa
de Jamaica, 1753. Deirdre, a filla da inglesa Nora Fortnam e do
escravo Akwasi, leva unha vida protexida na plantación da súa nai e
do seu pai adoptivo. Pese ás orixes pouco claras da nova, os
raparigos da illa morren
por ela. Deirdre, con todo, non sente o menor interese por ningún
ata que o mozo médico Victor Dufresne pide a súa man.
Milenia o el
femur más bello del mundo
de Jorge Zepeda
Patterson
Unha
vigorosa novela de acción e amor que denuncia os abusos de poder e a
corrupción, pero que, sobre todo, nos
amosa
a alma aberta dunha muller aldraxada,
como tantas outras, nun mundo cada vez máis globalizado.
A la sombra del
árbol Kauri
de Sarah Lark
Nova
Zelandia,
1875. Lizzie e Michael Drury cumpriron o soño de ter unha granxa de
ovellas, e ante eles parece abrirse un futuro prometedor. Pero a súa
vida descontrólase
de súpeto cando a súa filla maior, Matariki, é secuestrada por un
líder maorí.
Mi color favorito
es verte
de Pilar Eire
Mi
color favorito
es verte
é unha aventura real. Acheguémonos
de puntas
e miremos polo ollo da cerradura: aí dentro hai unha muller espida.
Pilar Eyre, unha xornalista madura e aínda presa dunha gran paixón
pola vida.
El impostor
de Javier Cercas
Velaquí unha fascinante novela sen ficción saturada de ficción; a
ficción non a pon o autor: pona Enric Marco. Quen é Enric Marco? Un
nonaxenario barcelonés que se fixo pasar por supervivente dos campos
nazis e que foi desenmascarado en maio de 2005, logo de presidir
durante tres anos a asociación española dos superviventes.
Los dulces de las
monjas
Receitario de Sor María Isabel
Os doces das monxas recolle, coa sabedoría e bo facer da vida
conventual, os sabores auténticos e tradicionais da repostería. Un
práctico libro que, ademais dunha gran variedade de sobremesas,
descóbrenos trucos para ser máis hábiles na cociña, seleccionar a
calidade dos mellores ingredientes, elaborar exquisitos complementos,
como sorbetes e licores, e confeccionar deliciosas
receitas dietéticas.
Películas
Ningún comentario:
Publicar un comentario