luns, 28 de marzo de 2016

ANXÉLICA ÁS PORTAS DO CEO

ESTREA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO




O vindeiro domingo, 3 de abril, ás 19:30 horas terá lugar a estrea da obra de teatro "Anxélica ás portas do ceo", unha adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor "Anxélica no ombral do ceio", por Ana María Prado Riveiro, veciña de Abegondo e tamén alumna da Escola Municipal de Teatro.
A obra está dirixida polo profesor de teatro Emilio Barreiro.
Actúan: Purificación, Carme, Pablo, Marilí, Bruno, Rebeca e Darío.
A cita será no Centro Cultural O Salón.
Están convidados todos os veciños e veciñas de Abegondo. Entrada libre ata completar aforo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario