xoves, 15 de xuño de 2017

GRADUACIÓN D@S MOZ@S DE 4º DE ESO

Todos os alumnos de 4º curso da ESO do IES de Viós acudiron onte á Cea de despedida á que os convidou este concello.  A cea tivo lugar tras o acto de Graduación realizado polo IES de Viós no propio instituto.
Foi un día moi emotivo para eles. Tratouse dun momento de confraternidade no que puideron pasar unas horas xuntos. Logo da cea un DJ ofreceulles música actual. 
Antes da cea acompañounos un momento o alcalde, José A. Santiso e o Concelleiro de Cultura e Educación, Luís Freire, que ademais é o director do IES. Desexáronlles moita sorte na nova etapa educativa que van afrontar, con distintos camiños ou lugares de estudo. 
O Concello ten intención de volver a realizar esta iniciativa coas novas Graduacións, dado que neste municipio rematan a etapa educativa e as rapazas e rapaces alí presentes, que foron todos, relataron que o pasaron moi ben.
Con estas medidas o Concello está a cambiar o modelo de actuación cara á xuventude, con accións máis específicas e do desexo dos distintos tramos de idade, contando con outras accións coma a do Interrail que se vai a desenvolver proximamente.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario