xoves, 19 de xullo de 2018

Visita de Mamá Cabra á Biblioteca Municipal!

Onte, 18 de xullo, tivemos na Biblioteca Municipal de Abegondo a visita de Mamá Cabra coa súa actuación Contos para un mundo mellor. As rapazas e rapaces pasaron unha mañá moi entretida participando activamente nos contos que cantaba Mamá Cabra. Fixeron dende unha sopa moi especial con gominolas, teas de araña, etc ata pompas de xabón. Foi moi divertido!



Ningún comentario:

Publicar un comentario