HERBAS NA NOITE DE SAN XOÁN
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas característicasmoi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Todas cumpren as tres
cualidades básicas: teñen un cheiro especial;como mediciña, todas
teñen moitas aplicacións e, por último,son as mellores como
repudio dos seres maléficos.
Ademais
son sete e deben poñerse con auga de sete fontes.
AS
HERBAS E OS CACHOS.
As
tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas
por Martiño Dumiense, bispo de Braga no s.VI, mais non puido impedir
que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete
fontes para facer o cacho.
0
cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia medicinal e
aromáticas, o seu agradable cheiro é repudiado polos espíritos
maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho serve para
quitarnos o demo do corpo, afasta as bruxas e cura a envexa.
Hai
varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis
recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de
prata), ruda, herba luísa, macela (camomila), hortelá, mildrastes,
fiúnchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba
lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de
nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme,
silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira,
malva-rosa, hortensia,folla de viña branca e outras.
Seleccionadas
as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nun balde,
caldeiro ou almofía cheas de auga. Déixanse fóra pola noite,
segundo crenzas cristiás, para que San Xoán os bendiga, pero iso
non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e
así evitar que
o
demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba cartos.
Na
parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e
chemineas para impedir a entrada das bruxas. Tradicións parecidas
falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de
negro para rexeitar a Santa Compaña.
Ao
erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro.
Lávase a cara, pés ou todo o corpo, purificando a pel e, ás veces,
protexe das enfermidades pulmonares.
A
herba sécase durante varios días ao sol para ser utilizada logo en
múltiples remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte
mostra ilustrativa: A ruda, herba luísa e macela, contra as dores de
barriga. A hortelá e mildrastes contra o picor das estrugas. As
follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. O romeu
cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores
do gando, e sen o viño era boa para o reuma, nervios e arrefriados.
Loureiro e allo tríllanse para limpar as aireadas e contra a reuma.
Contra
as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San
Xoán limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para
evitar a caída do pelo.
Respecto
a esta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:
"Dime
rapaza bonita ¿Con que te lavas o pelo? Cunhas herbas do monte Que
fío chaman tromentelo!"
A
NOITE DE SAN XOÁN.
Celébrase
a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co
solsticio de verán. A noite de San Xoán é en Galicia a noite dos
milagres e dos encantos.
As
fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chámanse
lumes, lumeiradas, cachelas, cacharelas... Acéndense nas primeiras
horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e
pasan a noite cantando e bailando. É tradición saltar a fogueira;
ten que ser varias veces, sempre un número impar e saltando dunha
vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar chámanlle
en moitos lugares salvar.
As
virtudes do lume do San Xoán son purificatorias, é bo contra o mal
de ollo, meigallo, distintas enfermidades e ten propiedades
casamenteiras.
Nesa
noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes santas e
milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con
coidadodas bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda
Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en
auga e deixalas ao sereno para que collan o orballo co obxectivo de
lavárense todos naquela auga pola mañá. Estas herbas denomínanse
herbas de San Xoán (San Xoán, fiúncho, codeso, os fieitos machos,
pólas de nogueira, malvas, artemisa...) que teñen propiedades
menciñeiras.
A
noite de San Xoán é propia tamén, para adiviñar o porvir,
xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as prácticas a
máis usada é a do ovo : as doce en punto da noite cáscase un ovo e
déitase nun vaso de auga que se deixa ao sereno ata o amencer. Pola
mañá vaise ver o ovo e a forma que tomou, ás veces un barco,
outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que
se ha ter no ano.
É
habitual nesta noite , acompañando ás fogueiras, e nas zonas
costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se
comen con viño e pan de bola.
HERBA
SAN XOÁN
Herba
de San Xoán (abelouro, malfurada, abeluria...), é outra das sete
herbas básicas.
"A
herba de San Xoán limpa a cara de grans".
Está
considerada como unha planta especial contra
o
demo...
En
medicina é cicatrizante e antiséptica.
FIÚNCHO
Trátase
dunha herba básica entre as sete fundamentais para a noite de San
Xoán.
Esta
é a que corre os malos espíritus. Especial contra o mal de ollo.
Como
mediciña é especial contra as inflamacións de ollos, pero tamén
para a asma e as malas dixestións...
HERBA
LUÍSA
A
herba luísa sempre se utilizou para todo.
Moi
boa para as dores de estómago e barriga. Tamén contra os gases e as
dores de cabeza.
Cheira
moi ben...
É
tamén unha herba especial para os amoríos...En castelán recibe o
nome de verbena xa que tamén se asocia coas troulas de noite...
CODESO
O
codeso, en realidade é unha xesta, ou sexa da familia dos Cytisus,
utilízase para varrer a casa dos malos espíritos. Normalmente
cóllese unha xesta e faise unha basoira.
O
normal é usar unha planta como a Cytisus que son as xestas típicas,
concretamente a Cytisus purgans, que nalgúns lugares chaman piorno
ou codeso.
FENTO
MACHO
O
fento macho é outra das sete herbas básicas da noite de San Xoán.
O
fento macho é velenoso. Era moi apreciado contra as tenias.
En
xeral, é un antiparásito moi bo. Séguese usando polas súas
propiedades pero a súa administración é complicada, xa que,
repito, é velenoso.
Din
que a noite de San Xoán bota flor; xustamente a medianoite.
MALVA
A
malva é outra das sete herbas fundamentais. Serve para todo:
arrefriados, bronquites, afeccións dixestivas, nervios, etc.
Di
o dito galego: "cun horto e un malvar hai menciñas para un
fogar". Efectivamente a malva cura todo.
ROMEU
É
moi bo para a reuma, artrite, trastornos do sistema circulatorio,
depresión, etc.
O
romeu realmente é a herba que protexe e purifica os fogares galegos
por excelencia.
En
Galicia tamén se utiliza para as dores da gorxa.
Esta
noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e
máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro
con auga. Alí teñen que quedar ao orballo da noite e pola mañá
todos os membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta
auga milagreira. Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai
moitas que aparecen en todas elas.
As
rosas son as primeiras: Rosa Canina. Tamén chamada roseira, silva
macho, rosal bravo, rosal do demo... ademais do arrecendo, ten
propiedades tónicas e astrinxentes para a pel
Fento
macho (Dryopteris filix-max), tamén fieito, dentebrun, dentabrón...
Cóntase deste fento que bota 'flores' na medianoite de San Xoán.
Estas servirán para facer feitizos. No 'Ciprianillo' cóntase que
pondo un lenzo baixo do fento á mañá estará cheo de demos
pequenos.É velenoso, actúa como paralizante muscular.
Fiúncho
(Foeniculum vulgare) fiollo, fionllo... Protexe do mal de ollo. Un
saquiño con sementes axuda a conservar a saúde. Para manter lonxe
as carrachas hai que levarunha ramiña no zapato esquerdo. Ten
propiedades diuréticas e dixestivas. Úsase para lavar os ollos e
axuda á secrección do leite.
Herba
Luísa (Lippia triphylla) verbena olorosa. Din que foi o costume de
recoller esta planta ás doce da noite de San Xoán (as mozas
casadeiras) a que fixo que o nome de verbena se estendese a toda as
celebracións nocturnas. Utilizábase para facer moitos ritos e
feitizos amorosos. Ten propiedades dixestivas.
Herba
de San Xoán (Hypericum perforatum), pericón, abeluria,
espantademos... a crenza popular era que ao queimala na casa,
espantaba aos demos. "A herba de San Xoán limpa a cara de
grans". É cicatrizante, antiséptica, astrinxente, diurética e
antidepresiva.
Malva
(Malva silvestris). As propiedades desta planta son enxalzadas en
moitos ditos populares: "Cun horto e un malvar hai menciñas
para un fogar", "Cun pozo e un malvar, boticario dun
lugar". Serve para a tos, queimaduras, picaduras de abellas...
Codeso
(Cytisus purgans) piorno, xesta, retama... Ten un aroma semellante ao
do mel. Atribúenselle propiedades purgantes, diuréticas e tónicas
para o corazón. Era planta sagrada para os druídas celtas. Coas
súas ramas várrese a casa para purificala e protexela.
Romeu
(Rosmarinus officinalis) alecrín, rosmariño... É unha das plantas
máxicas, utilízase para purificar e protexer. Hai tempo queimábase
cando había enfermos na casa. Oler a súa madeira conserva a
xuventude. A súa esencia é tónica, estimulante, cicatrizante, boa
para a reúma e fai crecer o pelo.
Sabugueiro
(Sambucus nigra), sabugueiro, bieiteiro, saúco...Os froitos chámanse
taménuvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e
calma a tos. As propiedadesintensifícanse cando San Xoán os bendice
(nesta noite). É moi usado para espantar os sapos e serpes.
Outras
plantas máxicas adornan esta noite as paredes das casas e as
fiestras. Ás veces son engados que fan os mozos ás mozas, pero
tamén teñen a intención de escorrentar os demos.
Croque
(Digitalis purpurea), estralote, estalote... Toda a planta é moi
tóxica. Ten propiedades cardiotónicas, pero o manexo é perigoso.
Onde medran os croques pénsase que é o lugar onde bailan meigas as
noites de lúa chea. Tamén pendúranse nas portas das casas para
espantalas.
Nogueira
(Juglans regia), noceira, concheiro... Aparece en moitas receitas
para curar aschagas do corpo (follas de nogueira con tres noces). É
astrinxente e vermífuga.
Torvisco
(Daphne gnidium), trovisco, churvisco... Ten propiedades
antiinflamatorias epurgantes moi enérxicas. É unha planta moi
perigosa.
Coas
herbas recollidas na noite de San Xoán facíanse os 'cachos', mellor
con auga de sete fontes.
As
herbas, atadas nun feixe, deixábanse nun caldeiro con auga, toda a
noite, ao sereno (para a bendición do San Xoán).
Á
mañá seguinte, lavábanse coa auga e gardaban as herbas que secaban
ao sol, para logo usar como menciñas.
Salvade o lume e vivide a tradición!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario