xoves, 9 de xullo de 2015

Abegondo premia o arte dos veciños de todas as idades

O Concello de Abegondo celebrou o acto de entrega dos premios do certame das Letras Galegas deste ano. A Aula Cemit encheuse cos premiados e os seus familiares para recibir os galardóns que recoñecen o seu traballo nas diferentes modalidades artísticas.

O certame conta con diferentes categorías, para todos os rangos de idades. O alcalde, José Antonio Santiso, o concelleiro de Educación e Cultura, Luis Freire, que debutaba nun acto público como edil, e o director do CEIP San Marcos, Miguel Blanco, foron os encargados de entregar os premios.

O alcalde felicitou a creatividade e calidade dos traballos dun certame que ten como fin “promover as diferentes manifestacións culturais e o uso do galego entre a cidadanía”.





PREMIADOS

CATEGORÍA INFANTIL (Os premios consistiron en lotes de libros en galego)
1º premio de Debuxo e Pintura: Olivia Reparaz García

2º premio de Debuxo e Pintura: Alejandro Otero Souto


CATEGORÍA PRIMARIA (Os premios consistiron en lotes de libros en galego)
1º premio de Narrativa: Aroa Blanco Suárez por Espantallos e trasnos



2º premio de Narrativa: Jennifer Canosa Pedreira por As fazañas de Sara a bruxa


1º premio de Debuxo e Pintura: Yolanda López Vilas

2º premio de Debuxo e Pintura: Jorge Ferreiro Fuentes

1º premio de Poesía: Tania Caridad Dans por A miña terra

2º premio de Poesía: Yolanda López Vilas por O inverno


CATEGORÍA SECUNDARIA

1º premio de Debuxo e Pintura: Andrea Santiso López (premio: libro electrónico)

2º premio de Debuxo e Pintura: Clara Rodríguez Hernández (premio: lotes de libros en galego)


CATEGORÍA ADULTOS (Os premios consistiron nun premio económico de 150 €) 

Premio narrativa: Alba Sánchez Ares por Querido Carlos

Premio poesía: Miguel Calvo Santos por Extracto

Premio de Debuxo e Pintura: Miguel Calvo Santos polo traballo Emprendedor



MELLORES LECTORES BIBLIOTECAS (Os premios consistiron en lotes de libros en galego)

Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do CEIP San Marcos: Uxía Fernández Vázquez

Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do IES Viós: Inés Pedreira Barbeito

Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca Pública Municipal de Abegondo: Jorge Ferreiro Fuentes


Premio especial audiovisual de promoción do galego: Sabela Caamaño Reborido (premio tablet)








Ningún comentario:

Publicar un comentario