Onte na Aula Lúdica de Verán tivo lugar a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" (Conservas do mar), campaña promovida pola Xunta de Galicia. Participaron ao redor de 70 rapaces de entre 3 e 12 anos e durou unha hora.
Trátase dunha actividade deseñada para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar así como o seu proceso de envasado.
Os rapaces e rapazas participantes fixeron xogos que fomentaban a non contaminación do mar e realizaron o seu propio bocadillo a base de conservas (ensalada, mexillóns, bonito e sardiñas), explicándolles que tendo unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer e levar unha alimentación adecuada, completa e variada daralles a enerxía necesaria para facer o que lle guste durante o día.

Pincha aquí para entrar na web da campaña: http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario